Workshop Food Upcycling en Santiago de Compostela

O próximo día 10 de novembro 2022, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, terá lugar o workshop “FOOD UPCYCLING: Innovando a partir de subprodutos e desperdicio alimentario” organizado polo Clúster Alimentario de Galicia. FoodChemPack marcará presenza no evento na Sesión II – Avances na I+D cara ou food upcycling coa comunicación intitulada “Valorización de residuos e subprodutos post-cultivo non Mediterráneo”

Participation on HACK Startup Village’22

Nos días 21-22 de outubro realizouse o evento europeo en liña HACK Startup Village’22 organizado polo  AgriFood Lituania. No evento presentáronse propostas innovadoras para a atracción de startups a nivel rexional ou para resolver desafíos do sector agroalimentario. O grupo FoodChemPack lanzou un desafío relacionado co proxecto VALICET (Prima): “An ICT tool to connect producers, retailers and consumers: The VallCET project approach”. https://lnkd.in/dr6zxj9j

As investigadoras do grupo FoodChemPack, Raquel Sendón e Letricia Barbosa Pereira participaron como mentoras dos equipos de traballo na preparación das propostas.

Premio á mellor presentación de póster en Polyphenols 2022

Durante o XV Congreso Mundial sobre Aplicacións de Polifenoles, celebrado do 28 ao 30 de setembro de 2022 na ADEIT «Fundación Universitat», Valencia, España, Sandra Mariño-Cortegoso, estudante de doutoramento de FoodChemPack, recibiu o premio ao mellor póster pola súa contribución «Recuperación de compostos bioactivos a partir de subproductos da lima e o limón mediante metodoloxías sostibles».

Este traballo forma parte do proxecto de investigación VALICET, centrado na valorización de subproductos de froitas mediante tecnoloxías de extracción ecolóxicas para futuros enfoques na aplicación de subproductos de froitas como ingredientes e aditivos alimentarios a través da recuperación de compostos de valor engadido. No futuro traballarase na encapsulación dos compostos bioactivos para desenvolver ingredientes, envases e recubrimentos comestibles e activos que prolonguen a vida útil dos alimentos.