8th Annual Conference of AnalytiX-2023 (Osaka, Japan)
A semana pasada, a nosa investigadora, Letricia Barbosa Pereira, presentou o traballo “Development and validation of HPLC-DADE-MS/MS analytical methods for the chemical characterization of hop and related products” na 8th Annual Conference of AnalytiX-2023 (Osaka, Xapón). O traballo presentado resulta da investigación realizada no marco dunha colaboración co Departamento de Agronomía do Instituto Federal de Ciencia e Tecnoloxía da Educación de Paraná en Brasil sobre a caracterización do lúpulo brasileiro e financiado polo contrato Ramón e Cajal da investigadora.