Estudantes
Acollemos estudantes que queiran iniciarse na investigación relacionada cos alimentos e coa seguridade de materiais en contacto con alimentos.
- Traballo de Fin de Grao (TFG), Grao en Farmacia, Grao en Biotecnoloxía.
- Traballo de Fin de Máster (TFM), entre outros do Máster en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía dos Alimentos da USC.
- Prácticas en laboratorio, curriculares e extracurriculares (PEGI,…).
- Bolsas de colaboración e de iniciación á investigación.
Podes coñecer o noso traballo en Liñas de investigación e Proxectos. Se che interesa, escríbenos a través do formulario de contacto indicando a túa titulación, curso e o tipo de colaboración que buscas.
