A nosa compañeira Patricia Vázquez Loureiro recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento do curso 2022/2023

A nosa compañeira Patricia Vázquez Loureiro recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento do curso 2022/2023 pola súa tese “Materials for food contact: contribution to the study of chemical safety”

Antia Lestido Cardama recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento do curso 2020/2021

Premio á mellor presentación de póster en Polyphenols 2022

Durante o XV Congreso Mundial sobre Aplicacións de Polifenoles, celebrado do 28 ao 30 de setembro de 2022 na ADEIT «Fundación Universitat», Valencia, España, Sandra Mariño-Cortegoso, estudante de doutoramento de FoodChemPack, recibiu o premio ao mellor póster pola súa contribución «Recuperación de compostos bioactivos a partir de subproductos da lima e o limón mediante metodoloxías sostibles».

Este traballo forma parte do proxecto de investigación VALICET, centrado na valorización de subproductos de froitas mediante tecnoloxías de extracción ecolóxicas para futuros enfoques na aplicación de subproductos de froitas como ingredientes e aditivos alimentarios a través da recuperación de compostos de valor engadido. No futuro traballarase na encapsulación dos compostos bioactivos para desenvolver ingredientes, envases e recubrimentos comestibles e activos que prolonguen a vida útil dos alimentos.