5th International Congress on “Advances in the Packaging Industry”(Milan, Italy)

A semana pasada, investigadores e investigadoras do grupo FoodChemPack participaron no 5th International Congress on “Advances in the Packaging Industry”.

👩🏽‍🔬 A doutoranda Sandra Mariño presentou o seu póster titulado
“Towards valorization and sustainable packaging. Active films enriched with cherry by-products”, onde amosou os resultados do traballo desenvolvido no marco do proxecto ValICET.

👩🏽‍🔬 A doutoranda Lara Pazos presentou o póster
“Bisphenol A diglycidyl ether behaviour during digestion: First approach using a semi-dynamic in vitro protocol”, no que aplicou metodoloxía de dixestión semidinámica dentro dos proxectos BACFood4Expo e ACHED, en colaboración co CNA-AESAN.

👨🏻‍🔬 O doutorando Carlos Vivanco participou cun póster titulado
“Safety of PBSA and PBAT for food packaging: Identification of semivolatile compounds by GC-MS”, no que se analizaron compostos semivolátiles dos materiais biodegradables PBSA e PBAT no marco do proxecto MIGRABIOQUANT, en colaboración co CNA-AESAN.

👩🏽‍🔬 A investigadora posdoutoral Antía Lestido presentou o póster
“Non-volatile compounds in PBAT food packaging material”, no que se identificaron tentativamente numerosos oligómeros. Este traballo realizouse dentro do proxecto MIGRABIOQUANT, en colaboración co laboratorio Oniris – LABERCA (Nantes, Francia).

V Encontro Galego da Mocidade Investigadora en Ciencias Farmacéuticas, (Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela)

As nosas compañeiras, Lara Pazos Soto e Emma López Sanvicente, presentaron esta mañá os seus traballos sobre a influencia da matriz alimentaria na bioaccesibilidade de migrantes procedentes de materiais de envases alimentarios, e a identificación de potenciais migrantes en materiais en contacto con alimentos, respectivamente. As presentacions, tanto oral como en formato póster, tiveron lugar no V Encontro Galego da Mocidade Investigadora en Ciencias Farmacéuticas, celebrado na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela.

20th Annual Workshop On Emerging High-Resolution Mass Spectrometry (Hrms) And Lc-Ms/Ms Applications In Environmental Analysis And Food Safety (Barcelona)

Esta semana, investigadoras e investigadores do grupo FoodChemPack participaron no 20th Annual Workshop on Emerging High-Resolution Mass Spectrometry (HRMS) and LC-MS/MS Applications in Environmental Analysis and Food Safety, que tivo lugar en Barcelona.

👩🏽‍🔬 A doutoranda Lara Pazos presentou o seu póster titulado “Identification of bisphenol A diglycidyl ether derivatives after in vitro digestion process by LC-MS/MS”, no que destacou a posible interacción do BADGE durante o proceso de dixestión gastrointestinal, no marco do proxecto BACFood4Expo.

👨🏻‍🔬 O doutorando Carlos Vivanco participou cun póster titulado “Characterization of the non-volatile fraction focusing on the identification of oligomers in a PHA biopolymer packaging using LC-MS/MS”, no que se analizou o material de base biolóxica e biodegradable polihidroxialcanoato (PHA), en formato pellet e film, dentro do proxecto MIGRABIOQUANT.

👩🏽‍🔬 A investigadora posdoutoral Antía Lestido presentou unha comunicación oral titulada “Non-targeted analysis of a biodegradable bio-based food packaging material by LC-ESI-Q-Orbitrap”, na que se identificaron tentativamente numerosos oligómeros e plastificantes. Este traballo desenvolveuse no marco do proxecto MIGRABIOQUANT, en colaboración co laboratorio Oniris – LABERCA (Nantes, Francia).

Durante o evento, non só tivemos a oportunidade de difundir os nosos últimos avances, senón tamén de intercambiar valiosas opinións con investigadoras e investigadores do Grupo de Contaminantes Ambientais en Seguridade Alimentaria da Fundació per al Foment de la Investigació Sanitària i Biomèdica de la Comunitat Valenciana (FISABIO) – Saúde Pública.

17th World Congress on Polyphenols Applications, (Milan, Italia)

A semana pasada, integrantes do grupo FoodChemPack asistiron ao 17th World Congress on Polyphenols Applications, que tivo lugar en Milán, Italia.

👩🏽‍🔬 A doutoranda Sandra Mariño presentou un póster titulado “Development & Characterization of Phenolic-rich Microcapsules for Food Applications”, no que amosou os resultados do seu traballo desenvolvido dentro do proxecto ValICET.

👩🏽‍🔬 A profesora Letricia Barbosa contribuíu co seu póster titulado “An Insight of Hop-Production in Brazil: Cultivar and Geographical Origin Effects on the Chemical Composition of Hops”, no que presentou os resultados da investigación realizada no marco dunha colaboración co Departamento de Agronomía do Instituto Federal de Ciencia e Tecnoloxía da Educación de Paraná (Brasil).

III iMATUS Thesis Pitch 2024.

A nosa compañeira Sandra Mariño Cortegoso foi unha das gañadoras do III iMATUS Thesis Pitch 2024. A continuación, deixamos o vídeo co que gañou e onde nos explica de que trata a su tese.
https://youtu.be/1q7OqkxVvd0?si=T-POIJYwSWF5AEBY


11th Shelf Life International Meeting SLIM (Reggio Emilia, Italy)

A semana pasada, integrantes do grupo FoodChemPack asistiron ao 11th Shelf Life International Meeting (SLIM) que tivo lugar en Reggio Emilia, Italia.

👩🏽‍🔬 A doutoranda Lara Pazos presentou o seu póster titulado “In vitro stability and oral bioaccessibility of bisphenol A diglycidyl ether from epoxy-based coatings used in food cans”, no que destacou os resultados das interaccións con aminoácidos presentes no atún dentro do proxecto BACFood4Expo.

👩🏽‍🔬 A doutoranda Sandra Mariño participou cunha comunicación oral titulada “From orange by-products to edible and active films using electrohydrodynamic atomization”, onde presentou os resultados do seu traballo desenvolvido no International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) de Braga (Portugal) dentro do proxecto ValICET.

👩🏽‍🔬 A investigadora posdoutoral Antía Lestido presentou un póster titulado “Tentative identification of non-volatile compounds in a biodegradable bio-based packaging material using a non-targeted method”, no que se analizaron pellets con base de polihidroxibutirato (PHB). Ademais, presentou outro póster titulado “Investigating the chemical safety of bamboo-based food contact articles: a case study”, no que se analizaba unha mostra comercial de bambú na que se identificou melamina.

👩🏽‍🔬 A profesora Letricia Barbosa contribuíu co seu póster titulado “Nanoencapsulation of polyphenols yielded from lime by-products for functional food applications”, no que se empregou a técnica innovadora de nanospray-drying dentro do proxecto ValICET.

👩🏽‍🔬 A profesora Raquel Sendón contribuíu cos pósteres “Analysis of volatile compounds in bamboo-based food contact articles using purge and trap gas chromatography-mass spectrometry” e “Non-targeted GC-MS method to identify semi-volatile compounds in bamboo-based biomaterials”, ambos pertencentes ao proxecto nacional MIGRABIOQUANT, en colaboración coa Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN).

👩🏽‍🔬 A profesora Ana Rodríguez participou cunha Keynote Lecture titulada “Chemical safety and risk assessment on bioplastics for food contact” na sesión correspondente a Trends in packaging materials development, onde fixo unha revisión bibliográfica sobre materiais de base biolóxica e/ou biodegradables.

Ademais, dentro das actividades organizadas polo congreso, tiveron a oportunidade de visitar as compañías Italpizza, Villani Salumi, Barilla e Acetaia Giusti, así como asistir a unha experiencia Parmigiano Reggiano