International Conference on Environmental & Food Monitoring ISEAC-41 (Ámsterdam, Netherlands)
A semana pasada, integrantes do noso grupo participaron no International Conference on Environmental & Food Monitoring (ISEAC-41), en Ámsterdam, Países Baixos.
👩🏽🔬A doutoranda Lara Pazos presentou o seu póster titulado “First approach on the stability and bioaccessibility of epoxy-resin contaminants from packaging materials in food” cuns resultados preliminares moi interesantes dentro do proxecto BACFood4Expo.
👩🏽🔬A doutoranda Sandra Mariño participou co seu póster titulado “Chemometrics to differentiate hop cultivars through volatile fingerprint” onde avaliou os diferentes compostos orgánicos volátiles entre catro cultivos de lúpulo diferentes dentro do marco do proxecto ValICET.
👩🏽🔬A investigadora postdoutoral Patricia Vázquez contribuíu co seu póster titulado “Identification of non-volatile compounds in bio-based and/or biodegradable packaging materials using a non-targeted LC-HRMS method” onde incluía algúns dos resultados obtidos durante a súa estancia predoctoral no laboratorio Oniris – LABERCA (Nantes, Francia) dentro do proxecto MIGRABIOQUANT.
👩🏽🔬A investigadora postdoutoral Antía Lestido presentou o seu póster titulado “Bio-based and biodegradable polymers for food contact: a chemical approach to investigate their safety” onde se expoñía a metodoloxía implementada no proxecto MIGRABIOQUANT.
👩🏽🔬A profesora Raquel Sendón contribuíu co seu póster titulado “Identification of volatile and semivolatile compounds in primary packaging of ophthalmic formulations by GC-MS”, un traballo en colaboración co Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS) e o Hospital Clínico Universitario de Santiago (SERGAS).
👩🏽🔬A profesora Ana Rodríguez presentou o seu póster titulado “Non-targeted screening for volatile compounds in food contact bioplastics using Purge and Trap coupled to Gas chromatography-Mass Spectrometry” no marco do proxecto nacional MIGRABIOQUANT, en colaboración coa Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN).
👩🏽🔬A profesora Letricia Barbosa participou cunha comunicación oral titulada “Human dietary exposure to food packaging contaminants through in vitro bioaccessibility studies” na sesión correspondente a Food Contact Material. Letricia presentou o fundamento e un caso práctico do proxecto BACFood4Expo, do cal é a Investigadora Principal, en colaboración coa AESAN.
Tamén puideron asistir ao interesante Workshop da AOAC onde se discutiu sobre as mellores prácticas para realizar probas de bioensaios de alimentos e outras mesturas complexas en formato de World-Café por grupos.











