No ámbito do proxecto de investigación ValICET do programa PRIMA, o grupo FoodChemPack, que coordina o proxecto, está a organizar un workshop aberto á comunidade que se celebrará o vindeiro 29 de maio no salón de graos da Facultade de Farmacia.
Neste workshop contaremos coa participación dos socios internacionais que integran o consorcio, quen exporán os resultados obtidos ata o de agora no marco do proxecto, relacionados coa valorización de residuos agroindustriais para a obtención de compostos de alto valor engadido destinados á súa aplicación na industria alimentaria.
Adxúntase o programa preliminar do evento.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través do seguinte formulario, accesible na ligazón: 🔗 https://forms.office.com/e/kJ7GDrQNvQ?origin=lprLink
Entregarase un certificado de asistencia ás persoas que o soliciten.
https://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.png00https://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.png2024-05-21 11:13:292026-02-04 10:33:46Workshop – Enhancing food waste valorization in the framework of ValICET Project
Con motivo da visita do profesor Joao Lima a Facultade de Farmacia no marco do programa Erasmus+, o grupo FoodChemPack está organizando unha minixornada aberta a comunidade na que se abordará a valorización de residuos alimentarios en diferentes ámbitos.
A xornada celebrarase o próximo 24 de abril no salón de grados da Facultade de Farmacia.
Ademais, o 25 de abril pola mañá farase un workshop titulado “Metodoloxías para o diseño e formulación de alimentos saudables e sostibles en pequenas e medianas empresas: caso en Sudamérica”, que será impartido polo estudiante de doutorando do grupo de investigación. Este workshop terá lugar na aula seminario de Bromatoloxía e conta cun aforo limitado.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do seguinte formulario: 🔗 https://forms.office.com/e/iiT7pKc7KZ?origin=lprLink
https://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.png00https://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.png2024-04-17 11:58:402026-02-05 10:26:42Minixornada en valorización de residuos alimentarios
O grupo de investigación FoodChemPack da Facultade de Farmacia esta organizando unha Xornada en Seguridade Química dos Materiais no ámbito alimentario, médico e ambiental.
A xornada celebrarase o próximo día 8 de febreiro no salón de graos da Facultade de Farmacia.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse mediante o seguinte formulario, accesible no enlace: 🔗 https://forms.office.com/e/E79Kzx7jk7?origin=lprLink
https://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.png00https://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.png2024-01-31 14:19:132026-02-05 10:32:12Xornada en Seguridade Química dos Materiais no Ámbito Alimentario, Médico e Ambiental
A semana pasada, integrantes do noso grupo participaron no International Conference on Environmental & Food Monitoring (ISEAC-41), en Ámsterdam, Países Baixos.
👩🏽🔬A doutoranda Lara Pazos presentou o seu póster titulado “First approach on the stability and bioaccessibility of epoxy-resin contaminants from packaging materials in food” cuns resultados preliminares moi interesantes dentro do proxecto BACFood4Expo.
👩🏽🔬A doutoranda Sandra Mariño participou co seu póster titulado “Chemometrics to differentiate hop cultivars through volatile fingerprint” onde avaliou os diferentes compostos orgánicos volátiles entre catro cultivos de lúpulo diferentes dentro do marco do proxecto ValICET.
👩🏽🔬A investigadora postdoutoral Patricia Vázquez contribuíu co seu póster titulado “Identification of non-volatile compounds in bio-based and/or biodegradable packaging materials using a non-targeted LC-HRMS method” onde incluía algúns dos resultados obtidos durante a súa estancia predoctoral no laboratorio Oniris – LABERCA (Nantes, Francia) dentro do proxecto MIGRABIOQUANT.
👩🏽🔬A investigadora postdoutoral Antía Lestido presentou o seu póster titulado “Bio-based and biodegradable polymers for food contact: a chemical approach to investigate their safety” onde se expoñía a metodoloxía implementada no proxecto MIGRABIOQUANT.
👩🏽🔬A profesora Raquel Sendón contribuíu co seu póster titulado “Identification of volatile and semivolatile compounds in primary packaging of ophthalmic formulations by GC-MS”, un traballo en colaboración co Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS) e o Hospital Clínico Universitario de Santiago (SERGAS).
👩🏽🔬A profesora Ana Rodríguez presentou o seu póster titulado “Non-targeted screening for volatile compounds in food contact bioplastics using Purge and Trap coupled to Gas chromatography-Mass Spectrometry” no marco do proxecto nacional MIGRABIOQUANT, en colaboración coa Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN).
👩🏽🔬A profesora Letricia Barbosa participou cunha comunicación oral titulada “Human dietary exposure to food packaging contaminants through in vitro bioaccessibility studies” na sesión correspondente a Food Contact Material. Letricia presentou o fundamento e un caso práctico do proxecto BACFood4Expo, do cal é a Investigadora Principal, en colaboración coa AESAN.
Tamén puideron asistir ao interesante Workshop da AOAC onde se discutiu sobre as mellores prácticas para realizar probas de bioensaios de alimentos e outras mesturas complexas en formato de World-Café por grupos.
A semana pasada, a nosa investigadora, Letricia Barbosa Pereira, presentou o traballo “Development and validation of HPLC-DADE-MS/MS analytical methods for the chemical characterization of hop and related products” na 8th Annual Conference of AnalytiX-2023 (Osaka, Xapón). O traballo presentado resulta da investigación realizada no marco dunha colaboración co Departamento de Agronomía do Instituto Federal de Ciencia e Tecnoloxía da Educación de Paraná en Brasil sobre a caracterización do lúpulo brasileiro e financiado polo contrato Ramón e Cajal da investigadora.
https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2023/05/IMG_4897.png30244032https://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.png2023-05-26 12:20:052023-06-07 11:40:488th Annual Conference of AnalytiX-2023 (Osaka, Japan)
https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2023/03/Antia-Lestido-Cardama.jpg367500https://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.png2023-03-27 11:49:222023-06-07 12:51:37Antia Lestido Cardama recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento do curso 2020/2021
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.