Investigadores

Apoiamos investigadores predoutorais e posdoutorais que queiran incorporarse ao grupo con financiamento propio, e recibimos con regularidade investigadores visitantes.

Predoutorais

FPU e FPI. FoodChemPack está aberto a acoller candidaturas ás axudas de Formación de Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Os contratos de Formación de Persoal Investigador (FPI) están vinculados a proxectos de investigación concretos: cando o grupo dispoña dun, publicarémolo en Ofertas. Tamén se pode optar ás axudas predoutorais da Xunta de Galicia, ou a un doutoramento industrial.

Se che interesa realizar o doutoramento no nosso grupo, escríbenos canto antes a través do formulario de contacto co teu CV e o teu expediente académico, para preparar xuntos a solicitude.

Posdoutorais

Ramón y Cajal 2026 e Juan de la Cierva 2026. FoodChemPack está aberto a acoller candidaturas ás convocatorias Ramón y Cajal 2026 e Juan de la Cierva 2026, esta última dirixida a mozos doutores. Se che interesa presentar a túa solicitude co noso grupo como centro de acollida, escríbenos canto antes a través do formulario de contacto co teu CV e unha breve proposta de investigación, para preparar xuntos a candidatura.

Tamén acollemos candidaturas ás axudas posdoutorais da Xunta de Galicia e ás MSCA Postdoctoral Fellowships.