I Seminario e 1º Reunión da Rede PLASpain

O pasado mes, FoodChemPack participou no I Seminario PLASpain e na 1.ª reunión da Rede, celebrada na Universidade de La Rioja os días 11 e 12 de decembro.

Esta reunión supuxo o primeiro encontro presencial conxunto dos grupos nacionais que integran a Rede e que desenvolven investigación en aplicacións de plasma atmosférico frío en biomedicina e agroalimentación. O seminario cumpriu os obxectivos estratéxicos definidos na memoria de actuación: presentación de capacidades, coordinación científica e identificación de sinerxias reais entre os grupos participantes.

A apertura e coordinación do encontro correron a cargo da Universidade de La Rioja, a través do grupo P2ML, coa presentación da estrutura, misión e obxectivos de PLASpain, e cunha visión transversal das aplicacións do plasma (plasma directo, líquidos tratados con plasma e recubrimentos funcionais), así como dos principais retos comúns en seguridade, regulación, reproducibilidade e escalado.

No ámbito biomédico, o CIBIR (Unidade de Microbioloxía Molecular, MICB) presentou resultados sobre a actividade antibacteriana e antibiofilm do plasma e das augas activadas con plasma, mentres que PlasmaMedLab (UPC) presentou avances nos líquidos e hidroxeles tratados con plasma como plataformas biomédicas para a rexeneración tisular e modelos preclínicos de cancro.

No ámbito agroalimentario, o grupo NEWTEC (Universidad de León) abordou a aplicación do plasma atmosférico no relativo a seguridade alimentaria, a inactivación microbiana e a valorización dos subprodutos. O IATA‑CSIC presentou tecnoloxías de plasma orientadas á inocuidade e á tecno-funcionalidade dos alimentos, o IRTA (Programa de Postcosecha) mostrou sistemas alternativos a tratamentos químicos para o control de microorganismos en froitas e hortalizas e para a xestión sostible da auga. O grupo FoodChemPack (Universidade de Santiago de Compostela) analizou a seguridade química asociada a materiais en contacto con alimentos e a tratamentos con plasma, con especial atención aos estudos de migración, NIAS e avaliación do risco.

No ámbito da física do plasma e as tecnoloxías habilitadoras, o ICMS‑CSIC (Universidad de Sevilla) presentou o deseño e a caracterización dos reactores de plasma a presión atmosférica e a súa aplicación en tratamentos de materiais e procesos de plasma‑catálisis, mentres que a Universidade de Córdoba (grupo FQM‑136) presentou avances en diagnoses OES de plasmas fríos, interacción plasma‑líquido e reactores de microondas para o tratamento da auga.

O seminario concluíu destacando o seu valor como punto de partida para unha colaboración estructurada e estable entre os grupos participantes. Confirmouse a continuidade das actividades da Rede mediante estancias de mobilidade, reunións de seguimento e a organización do II Seminario PLASpain.

O I Seminario PLASpain desenvolveuse no marco da actuación RED2024153647‑T, financiada por MICIU/AEI/10.13039/501100011033, consolidando a PLASpain como plataforma nacional de referencia para a coordinación e o impulso da investigación en plasma frío aplicada a sectores estratéxicos.

📢 Save the Date – SLIM 2026!

The 12th Shelf Life International Meeting (SLIM 2026) will be held from June 8–11, 2026 in Santiago de Compostela, Spain, at the University of Santiago de Compostela.


🌍 An international forum to discuss the latest research and innovations in food shelf life, packaging, sustainability, and safety.


🔬 Key topics:

  • Shelf life modelling & prediction
  • Innovative technologies for shelf life extension
  • Sustainable and safe packaging materials
  • Food quality and safety
  • Consumer trends & sustainability strategies

🗓 Abstract deadlines:
✍️ Oral presentations: Feb 28, 2026
📌 Poster presentations: Apr 30, 2026


🔗 More information: www.slim2026.gal


📧 Contact: slimmeeting@slim2026.gal

Xornada en Innovación e Sustentabilidade na Cadea Agroalimentaria: Retos e Oportunidades desde a Ciencia

O grupo de investigación FoodChemPack da Facultade de Farmacia organiza unha Xornada de Divulgación Científica centrada na innovación e na sustentabilidade na cadea agroalimentaria, así como na seguridade dos materiais en contacto cos alimentos.

O obxectivo desta xornada é achegar o coñecemento científico á sociedade, fomentar o diálogo entre o ámbito académico e o sector produtivo, e poñer en valor iniciativas que promovan unha alimentación máis segura, sustentable e eficiente.

O evento terá lugar o próximo 22 de xullo no Salón de Graos da Facultade de Farmacia.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no seguinte formulario, ao que poden acceder a través desta ligazón.

https://forms.office.com/e/E79Kzx7jk7?origin=lprLink.

SLIM 2026

📅 8–11 de xuño de 2026 | 📍 Santiago de Compostela, España

É un pracer convidarte á 12ª edición do Shelf Life International Meeting (SLIM 2026), un espazo de intercambio académico e profesional que reunirá a expertos de todo o mundo no ámbito da vida útil e do envasado de alimentos.

Este evento representa unha excelente oportunidade para fortalecer redes de colaboración, presentar investigacións innovadoras e coñecer as tendencias máis recentes neste eido.

🔗 Consulta o noso vídeo promocional e prepárate para participar!

SLIM 8-11 DE JUNIO DE 2026

Próximamente compartirémos máis detalles sobre as inscricións e a axenda.

A nosa compañeira Patricia Vázquez Loureiro recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento do curso 2022/2023

A nosa compañeira Patricia Vázquez Loureiro recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento do curso 2022/2023 pola súa tese “Materials for food contact: contribution to the study of chemical safety”

8th International Symposium on Food Packaging (Dubrovnik, Croacia)

A semana pasada, o grupo de investigación FoodChemPack da USC participou no 8th International Symposium on Food Packaging, celebrado do 1 ao 4 de abril en 📍Dubrovnik, Croacia.

Este congreso, organizado por ILSI Europe, é recoñecido internacionalmente como un foro científico que reúne investigadores, axencias reguladoras e industria para discutir e compartir os últimos avances no ámbito dos materiais en contacto con alimentos, seguridade química, sustentabilidade e tecnoloxías emerxentes.


👩🏻‍🔬 Ana Rodríguez Bernaldo de Quirós presentou o póster:
“Non-targeted LC-HRMS analysis and in vitro bioassays: An approach to evaluate the safety of food contact bioplastics”
Combináronse técnicas analíticas non dirixidas con bioensaios celulares para avaliar bioplásticos de uso alimentario, detectándose oligómeros e efectos adversos como citotoxicidade, estrés oxidativo e actividade estroxénica.


👩🏻‍🔬 Letricia Barbosa Pereira presentou o póster:
“Preliminary study employing a semi-dynamic in vitro digestion protocol to evaluate the bioaccessibility of contaminants in canned food”
Avaliouse a bioaccesibilidade de BADGE en atún enlatado en aceite de oliva. Os resultados mostraron que o uso de protocolos dinámicos proporciona unha estimación máis precisa da exposición.


👩🏻‍🔬 Antía Lestido Cardama presentou a comunicación oral:
“LC-Orbitrap-MS/MS and GC-Orbitrap-MS: powerful analytical tools to explore the chemical composition of PEF food packaging materials”
Identificáronse tentativamente compostos non volátiles e semi-volátiles presentes en materiais de PEF mediante espectrometría de masas de alta resolución.


👩🏻‍🔬 Lara Pazos Soto presentou o póster:
“Bioaccessibility of bisphenol A diglycidyl ether (BADGE) using a semi-dynamic in vitro protocol: Influence of amino acids”
Aplicando o protocolo INFOGEST semidinámico, avaliouse como o pH gástrico e certos aminoácidos presentes en alimentos enlatados inflúen na bioaccesibilidade de BADGE, composto derivado de resinas epoxi.


👨🏻‍🔬 Carlos Vivanco Gil presentou o póster:
“Comprehensive analysis of volatile compounds in PHA-based materials using Purge and Trap coupled to GC-MS: A non-targeted approach”
Identificáronse compostos volátiles en materiais PHA en forma de pellets e filmes. Varios presentaban toxicidade (clase III de Cramer) e só dous están autorizados pola lexislación vixente.


📌 Estes traballos desenvolvéronse no marco dos proxectos:
🔸 MIGRABIOQUANT (PID2021-124729NB-I00)
🔸 BACFood4Expo (PID2020-114569RJ-I00)
🔸 ACHED (CNS2022-135887)
Financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación, AEI, FEDER e NextGenerationEU/PRTR.