20th Annual Workshop On Emerging High-Resolution Mass Spectrometry (Hrms) And Lc-Ms/Ms Applications In Environmental Analysis And Food Safety (Barcelona)

Esta semana, investigadoras e investigadores do grupo FoodChemPack participaron no 20th Annual Workshop on Emerging High-Resolution Mass Spectrometry (HRMS) and LC-MS/MS Applications in Environmental Analysis and Food Safety, que tivo lugar en Barcelona.

👩🏽‍🔬 A doutoranda Lara Pazos presentou o seu póster titulado “Identification of bisphenol A diglycidyl ether derivatives after in vitro digestion process by LC-MS/MS”, no que destacou a posible interacción do BADGE durante o proceso de dixestión gastrointestinal, no marco do proxecto BACFood4Expo.

👨🏻‍🔬 O doutorando Carlos Vivanco participou cun póster titulado “Characterization of the non-volatile fraction focusing on the identification of oligomers in a PHA biopolymer packaging using LC-MS/MS”, no que se analizou o material de base biolóxica e biodegradable polihidroxialcanoato (PHA), en formato pellet e film, dentro do proxecto MIGRABIOQUANT.

👩🏽‍🔬 A investigadora posdoutoral Antía Lestido presentou unha comunicación oral titulada “Non-targeted analysis of a biodegradable bio-based food packaging material by LC-ESI-Q-Orbitrap”, na que se identificaron tentativamente numerosos oligómeros e plastificantes. Este traballo desenvolveuse no marco do proxecto MIGRABIOQUANT, en colaboración co laboratorio Oniris – LABERCA (Nantes, Francia).

Durante o evento, non só tivemos a oportunidade de difundir os nosos últimos avances, senón tamén de intercambiar valiosas opinións con investigadoras e investigadores do Grupo de Contaminantes Ambientais en Seguridade Alimentaria da Fundació per al Foment de la Investigació Sanitària i Biomèdica de la Comunitat Valenciana (FISABIO) – Saúde Pública.