5th International Congress on “Advances in the Packaging Industry”(Milan, Italy)
A semana pasada, investigadores e investigadoras do grupo FoodChemPack participaron no 5th International Congress on “Advances in the Packaging Industry”.
👩🏽🔬 A doutoranda Sandra Mariño presentou o seu póster titulado
“Towards valorization and sustainable packaging. Active films enriched with cherry by-products”, onde amosou os resultados do traballo desenvolvido no marco do proxecto ValICET.
👩🏽🔬 A doutoranda Lara Pazos presentou o póster
“Bisphenol A diglycidyl ether behaviour during digestion: First approach using a semi-dynamic in vitro protocol”, no que aplicou metodoloxía de dixestión semidinámica dentro dos proxectos BACFood4Expo e ACHED, en colaboración co CNA-AESAN.
👨🏻🔬 O doutorando Carlos Vivanco participou cun póster titulado
“Safety of PBSA and PBAT for food packaging: Identification of semivolatile compounds by GC-MS”, no que se analizaron compostos semivolátiles dos materiais biodegradables PBSA e PBAT no marco do proxecto MIGRABIOQUANT, en colaboración co CNA-AESAN.
👩🏽🔬 A investigadora posdoutoral Antía Lestido presentou o póster
“Non-volatile compounds in PBAT food packaging material”, no que se identificaron tentativamente numerosos oligómeros. Este traballo realizouse dentro do proxecto MIGRABIOQUANT, en colaboración co laboratorio Oniris – LABERCA (Nantes, Francia).









