Primeira Reunión Xeral da Rede de Bioeconomía Circular Chile–Europa

O pasado luns 26 de xaneiro, FoodChemPack participou na Primeira Reunión da Rede de Bioeconomía Circular Chile-Europa, un fito para fortalecer a cooperación científica entre ambos continentes e definir a folla de ruta estratéxica cara o 2026.

O encontro foi inaugurado polo Dr. Danilo Escobar Avello (UDT–Universidad de Concepción, CENAMAD) como responsable da rede, e o Dr. Jorge Santos (ARCP CoLAB, Portugal) como coordinador europeo. Durante a xornada presentáronse os equipos participantes de Chile e Europa, destacando as súas fortalezas en bioeconomía circular, bioproductos, biomateriais e biorrefinerías.

Institucións e grupos participantes:

Chile

  • UDT – Universidad de Concepción: Danilo Escobar Avello, Cecilia Fuentealba, Victor Ferrer Villasmil, JuanCarlos Carrasco-Moraga
  • Universidad de Concepción: Sebastián Riquelme Rifo, Daniela Nova Baza, Pablo Castro, José Becerra, Felipe Noriega Vásquez, Sandra Suescun
  • Universidad de Chile: Consuelo Fritz (Facultad de Ciencias Forestales y de la Conservación de la Naturaleza)
  • Universidad de Talca: Esteban Durán Lara (bio.nano.lab)
  • Universidad San Sebastián: Dr. Gustavo Cabrera Barjas (Facultad de Ciencias de la Rehabilitación y Calidad de Vida)

España

  • Universidad de Santiago de Compostela: Letricia Barbosa-Pereira (FoodChemPack)
  • Universidad de Valencia: Juan Manuel Castagnini (Alisost)
  • Universidad de Vigo: Beatriz Gullón (Bio2Val)
  • Universidad de Barcelona: Sonia Sentellas, Aina Mir Cerdà (FAAST)
  • Universidad de Málaga: Félix López Figueroa (Instituto de Biotecnología y Desarrollo Azul)
  • Universidad de Castilla-La Mancha: Andrés Moreno

Portugal

  • ARCP CoLAB – Rede de Competência em Polímeros: Jorge Santos, Luisa Hora de Carvalho, Raquel Fernandes
  • Centro de Investigação de Montanha: Maria-Filomena Barreiro

Italia

  • Università degli Studi del Sannio: Marina Paolucci

Durante a reunión definironse avances e accións crave para impulsar a colaboración internacional:

  • Programas de pasantías e intercambios académicos Chile–Europa
  • Xira técnica a centros de investigación europeos
  • Redacción dunha publicación científica conxunta
  • Xestión de convenios de colaboración entre institucións
  • Formulación de proxectos internacionais
  • Organización dun congreso especializado en bioeconomía circular e biorrefinerías