Tag Archive for: packaging

8th International Symposium on Food Packaging (Dubrovnik, Croacia)

A semana pasada, o grupo de investigación FoodChemPack da USC participou no 8th International Symposium on Food Packaging, celebrado do 1 ao 4 de abril en 📍Dubrovnik, Croacia.

Este congreso, organizado por ILSI Europe, é recoñecido internacionalmente como un foro científico que reúne investigadores, axencias reguladoras e industria para discutir e compartir os últimos avances no ámbito dos materiais en contacto con alimentos, seguridade química, sustentabilidade e tecnoloxías emerxentes.


👩🏻‍🔬 Ana Rodríguez Bernaldo de Quirós presentou o póster:
“Non-targeted LC-HRMS analysis and in vitro bioassays: An approach to evaluate the safety of food contact bioplastics”
Combináronse técnicas analíticas non dirixidas con bioensaios celulares para avaliar bioplásticos de uso alimentario, detectándose oligómeros e efectos adversos como citotoxicidade, estrés oxidativo e actividade estroxénica.


👩🏻‍🔬 Letricia Barbosa Pereira presentou o póster:
“Preliminary study employing a semi-dynamic in vitro digestion protocol to evaluate the bioaccessibility of contaminants in canned food”
Avaliouse a bioaccesibilidade de BADGE en atún enlatado en aceite de oliva. Os resultados mostraron que o uso de protocolos dinámicos proporciona unha estimación máis precisa da exposición.


👩🏻‍🔬 Antía Lestido Cardama presentou a comunicación oral:
“LC-Orbitrap-MS/MS and GC-Orbitrap-MS: powerful analytical tools to explore the chemical composition of PEF food packaging materials”
Identificáronse tentativamente compostos non volátiles e semi-volátiles presentes en materiais de PEF mediante espectrometría de masas de alta resolución.


👩🏻‍🔬 Lara Pazos Soto presentou o póster:
“Bioaccessibility of bisphenol A diglycidyl ether (BADGE) using a semi-dynamic in vitro protocol: Influence of amino acids”
Aplicando o protocolo INFOGEST semidinámico, avaliouse como o pH gástrico e certos aminoácidos presentes en alimentos enlatados inflúen na bioaccesibilidade de BADGE, composto derivado de resinas epoxi.


👨🏻‍🔬 Carlos Vivanco Gil presentou o póster:
“Comprehensive analysis of volatile compounds in PHA-based materials using Purge and Trap coupled to GC-MS: A non-targeted approach”
Identificáronse compostos volátiles en materiais PHA en forma de pellets e filmes. Varios presentaban toxicidade (clase III de Cramer) e só dous están autorizados pola lexislación vixente.


📌 Estes traballos desenvolvéronse no marco dos proxectos:
🔸 MIGRABIOQUANT (PID2021-124729NB-I00)
🔸 BACFood4Expo (PID2020-114569RJ-I00)
🔸 ACHED (CNS2022-135887)
Financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación, AEI, FEDER e NextGenerationEU/PRTR.

5th International Congress on “Advances in the Packaging Industry”(Milan, Italy)

A semana pasada, investigadores e investigadoras do grupo FoodChemPack participaron no 5th International Congress on “Advances in the Packaging Industry”.

👩🏽‍🔬 A doutoranda Sandra Mariño presentou o seu póster titulado
“Towards valorization and sustainable packaging. Active films enriched with cherry by-products”, onde amosou os resultados do traballo desenvolvido no marco do proxecto ValICET.

👩🏽‍🔬 A doutoranda Lara Pazos presentou o póster
“Bisphenol A diglycidyl ether behaviour during digestion: First approach using a semi-dynamic in vitro protocol”, no que aplicou metodoloxía de dixestión semidinámica dentro dos proxectos BACFood4Expo e ACHED, en colaboración co CNA-AESAN.

👨🏻‍🔬 O doutorando Carlos Vivanco participou cun póster titulado
“Safety of PBSA and PBAT for food packaging: Identification of semivolatile compounds by GC-MS”, no que se analizaron compostos semivolátiles dos materiais biodegradables PBSA e PBAT no marco do proxecto MIGRABIOQUANT, en colaboración co CNA-AESAN.

👩🏽‍🔬 A investigadora posdoutoral Antía Lestido presentou o póster
“Non-volatile compounds in PBAT food packaging material”, no que se identificaron tentativamente numerosos oligómeros. Este traballo realizouse dentro do proxecto MIGRABIOQUANT, en colaboración co laboratorio Oniris – LABERCA (Nantes, Francia).