📢 Nova data límite para a inscrición – SLIM 2026 ¡Boas noticias! Ampliouse o prazo para a inscrición anticipada e a presentación oral de SLIM 2026. 🗓 Novo prazo: 31 de marzo de 2026 📍 Santiago de Compostela, España 📅 Datas da conferencia: 8–11 de xuño de 2026
🔗 Máis información: www.slim2026.gal
📧 Contacto: slimmeeting@slim2026.gal
https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2026/01/WhatsApp-Image-2026-01-20-at-15.00.09-1.jpeg595841Raquelhttps://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.pngRaquel2026-03-09 14:11:572026-03-09 14:24:20SLIM 2026 Santiago de Compostela
O pasado mes, FoodChemPack participou no I Seminario PLASpain e na 1.ª reunión da Rede, celebrada na Universidade de La Rioja os días 11 e 12 de decembro.
Esta reunión supuxo o primeiro encontro presencial conxunto dos grupos nacionais que integran a Rede e que desenvolven investigación en aplicacións de plasma atmosférico frío en biomedicina e agroalimentación. O seminario cumpriu os obxectivos estratéxicos definidos na memoria de actuación: presentación de capacidades, coordinación científica e identificación de sinerxias reais entre os grupos participantes.
A apertura e coordinación do encontro correron a cargo da Universidade de La Rioja, a través do grupo P2ML, coa presentación da estrutura, misión e obxectivos de PLASpain, e cunha visión transversal das aplicacións do plasma (plasma directo, líquidos tratados con plasma e recubrimentos funcionais), así como dos principais retos comúns en seguridade, regulación, reproducibilidade e escalado.
No ámbito biomédico, o CIBIR (Unidade de Microbioloxía Molecular, MICB) presentou resultados sobre a actividade antibacteriana e antibiofilm do plasma e das augas activadas con plasma, mentres que PlasmaMedLab (UPC) presentou avances nos líquidos e hidroxeles tratados con plasma como plataformas biomédicas para a rexeneración tisular e modelos preclínicos de cancro.
No ámbito agroalimentario, o grupo NEWTEC (Universidad de León) abordou a aplicación do plasma atmosférico no relativo a seguridade alimentaria, a inactivación microbiana e a valorización dos subprodutos. O IATA‑CSIC presentou tecnoloxías de plasma orientadas á inocuidade e á tecno-funcionalidade dos alimentos, o IRTA (Programa de Postcosecha) mostrou sistemas alternativos a tratamentos químicos para o control de microorganismos en froitas e hortalizas e para a xestión sostible da auga. O grupo FoodChemPack (Universidade de Santiago de Compostela) analizou a seguridade química asociada a materiais en contacto con alimentos e a tratamentos con plasma, con especial atención aos estudos de migración, NIAS e avaliación do risco.
No ámbito da física do plasma e as tecnoloxías habilitadoras, o ICMS‑CSIC (Universidad de Sevilla) presentou o deseño e a caracterización dos reactores de plasma a presión atmosférica e a súa aplicación en tratamentos de materiais e procesos de plasma‑catálisis, mentres que a Universidade de Córdoba (grupo FQM‑136) presentou avances en diagnoses OES de plasmas fríos, interacción plasma‑líquido e reactores de microondas para o tratamento da auga.
O seminario concluíu destacando o seu valor como punto de partida para unha colaboración estructurada e estable entre os grupos participantes. Confirmouse a continuidade das actividades da Rede mediante estancias de mobilidade, reunións de seguimento e a organización do II Seminario PLASpain.
O I Seminario PLASpain desenvolveuse no marco da actuación RED2024153647‑T, financiada por MICIU/AEI/10.13039/501100011033, consolidando a PLASpain como plataforma nacional de referencia para a coordinación e o impulso da investigación en plasma frío aplicada a sectores estratéxicos.
https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2026/01/Imaxe1.jpg7521296Raquelhttps://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.pngRaquel2026-01-28 12:10:252026-02-03 12:16:54I Seminario e 1º Reunión da Rede PLASpain
The 12th Shelf Life International Meeting (SLIM 2026) will be held from June 8–11, 2026 in Santiago de Compostela, Spain, at the University of Santiago de Compostela.
🌍 An international forum to discuss the latest research and innovations in food shelf life, packaging, sustainability, and safety.
https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2026/01/WhatsApp-Image-2026-01-20-at-15.00.09-1.jpeg595841Raquelhttps://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.pngRaquel2026-01-20 15:04:022026-02-02 13:21:03📢 Save the Date – SLIM 2026!
A semana pasada, o grupo de investigación FoodChemPack da USC participou no 8th International Symposium on Food Packaging, celebrado do 1 ao 4 de abril en 📍Dubrovnik, Croacia.
Este congreso, organizado por ILSI Europe, é recoñecido internacionalmente como un foro científico que reúne investigadores, axencias reguladoras e industria para discutir e compartir os últimos avances no ámbito dos materiais en contacto con alimentos, seguridade química, sustentabilidade e tecnoloxías emerxentes.
👩🏻🔬 Ana Rodríguez Bernaldo de Quirós presentou o póster: “Non-targeted LC-HRMS analysis and in vitro bioassays: An approach to evaluate the safety of food contact bioplastics” Combináronse técnicas analíticas non dirixidas con bioensaios celulares para avaliar bioplásticos de uso alimentario, detectándose oligómeros e efectos adversos como citotoxicidade, estrés oxidativo e actividade estroxénica.
👩🏻🔬 Letricia Barbosa Pereira presentou o póster: “Preliminary study employing a semi-dynamic in vitro digestion protocol to evaluate the bioaccessibility of contaminants in canned food” Avaliouse a bioaccesibilidade de BADGE en atún enlatado en aceite de oliva. Os resultados mostraron que o uso de protocolos dinámicos proporciona unha estimación máis precisa da exposición.
👩🏻🔬 Antía Lestido Cardama presentou a comunicación oral: “LC-Orbitrap-MS/MS and GC-Orbitrap-MS: powerful analytical tools to explore the chemical composition of PEF food packaging materials” Identificáronse tentativamente compostos non volátiles e semi-volátiles presentes en materiais de PEF mediante espectrometría de masas de alta resolución.
👩🏻🔬 Lara Pazos Soto presentou o póster: “Bioaccessibility of bisphenol A diglycidyl ether (BADGE) using a semi-dynamic in vitro protocol: Influence of amino acids” Aplicando o protocolo INFOGEST semidinámico, avaliouse como o pH gástrico e certos aminoácidos presentes en alimentos enlatados inflúen na bioaccesibilidade de BADGE, composto derivado de resinas epoxi.
👨🏻🔬 Carlos Vivanco Gil presentou o póster: “Comprehensive analysis of volatile compounds in PHA-based materials using Purge and Trap coupled to GC-MS: A non-targeted approach” Identificáronse compostos volátiles en materiais PHA en forma de pellets e filmes. Varios presentaban toxicidade (clase III de Cramer) e só dous están autorizados pola lexislación vixente.
📌 Estes traballos desenvolvéronse no marco dos proxectos: 🔸 MIGRABIOQUANT (PID2021-124729NB-I00) 🔸 BACFood4Expo (PID2020-114569RJ-I00) 🔸 ACHED (CNS2022-135887) Financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación, AEI, FEDER e NextGenerationEU/PRTR.
https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2025/04/WhatsApp-Image-2025-04-08-at-10.24.39.jpeg20481536Raquelhttps://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.pngRaquel2025-04-08 11:00:582026-02-03 14:37:488th International Symposium on Food Packaging (Dubrovnik, Croacia)
A semana pasada, investigadores e investigadoras do grupo FoodChemPack participaron no 5th International Congress on “Advances in the Packaging Industry”.
👩🏽🔬 A doutoranda Sandra Mariño presentou o seu póster titulado “Towards valorization and sustainable packaging. Active films enriched with cherry by-products”, onde amosou os resultados do traballo desenvolvido no marco do proxecto ValICET.
👩🏽🔬 A doutoranda Lara Pazos presentou o póster “Bisphenol A diglycidyl ether behaviour during digestion: First approach using a semi-dynamic in vitro protocol”, no que aplicou metodoloxía de dixestión semidinámica dentro dos proxectos BACFood4Expo e ACHED, en colaboración co CNA-AESAN.
👨🏻🔬 O doutorando Carlos Vivanco participou cun póster titulado “Safety of PBSA and PBAT for food packaging: Identification of semivolatile compounds by GC-MS”, no que se analizaron compostos semivolátiles dos materiais biodegradables PBSA e PBAT no marco do proxecto MIGRABIOQUANT, en colaboración co CNA-AESAN.
👩🏽🔬 A investigadora posdoutoral Antía Lestido presentou o póster “Non-volatile compounds in PBAT food packaging material”, no que se identificaron tentativamente numerosos oligómeros. Este traballo realizouse dentro do proxecto MIGRABIOQUANT, en colaboración co laboratorio Oniris – LABERCA (Nantes, Francia).
https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2025/03/WhatsApp-Image-2025-04-08-at-10.24.54-scaled.jpeg25601928Raquelhttps://mlmdzsfny8te.i.optimole.com/w:auto/h:auto/q:mauto/ig:avif/https://www.foodchempack.com/wp-content/uploads/2022/11/logo-FoodChemPack.pngRaquel2025-03-31 11:12:592026-02-03 14:44:565th International Congress on “Advances in the Packaging Industry”(Milan, Italy)
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.