8th International Symposium on Food Packaging (Dubrovnik, Croacia)
A semana pasada, o grupo de investigación FoodChemPack da USC participou no 8th International Symposium on Food Packaging, celebrado do 1 ao 4 de abril en 📍Dubrovnik, Croacia.
Este congreso, organizado por ILSI Europe, é recoñecido internacionalmente como un foro científico que reúne investigadores, axencias reguladoras e industria para discutir e compartir os últimos avances no ámbito dos materiais en contacto con alimentos, seguridade química, sustentabilidade e tecnoloxías emerxentes.
👩🏻🔬 Ana Rodríguez Bernaldo de Quirós presentou o póster:
“Non-targeted LC-HRMS analysis and in vitro bioassays: An approach to evaluate the safety of food contact bioplastics”
Combináronse técnicas analíticas non dirixidas con bioensaios celulares para avaliar bioplásticos de uso alimentario, detectándose oligómeros e efectos adversos como citotoxicidade, estrés oxidativo e actividade estroxénica.
👩🏻🔬 Letricia Barbosa Pereira presentou o póster:
“Preliminary study employing a semi-dynamic in vitro digestion protocol to evaluate the bioaccessibility of contaminants in canned food”
Avaliouse a bioaccesibilidade de BADGE en atún enlatado en aceite de oliva. Os resultados mostraron que o uso de protocolos dinámicos proporciona unha estimación máis precisa da exposición.
👩🏻🔬 Antía Lestido Cardama presentou a comunicación oral:
“LC-Orbitrap-MS/MS and GC-Orbitrap-MS: powerful analytical tools to explore the chemical composition of PEF food packaging materials”
Identificáronse tentativamente compostos non volátiles e semi-volátiles presentes en materiais de PEF mediante espectrometría de masas de alta resolución.
👩🏻🔬 Lara Pazos Soto presentou o póster:
“Bioaccessibility of bisphenol A diglycidyl ether (BADGE) using a semi-dynamic in vitro protocol: Influence of amino acids”
Aplicando o protocolo INFOGEST semidinámico, avaliouse como o pH gástrico e certos aminoácidos presentes en alimentos enlatados inflúen na bioaccesibilidade de BADGE, composto derivado de resinas epoxi.
👨🏻🔬 Carlos Vivanco Gil presentou o póster:
“Comprehensive analysis of volatile compounds in PHA-based materials using Purge and Trap coupled to GC-MS: A non-targeted approach”
Identificáronse compostos volátiles en materiais PHA en forma de pellets e filmes. Varios presentaban toxicidade (clase III de Cramer) e só dous están autorizados pola lexislación vixente.
📌 Estes traballos desenvolvéronse no marco dos proxectos:
🔸 MIGRABIOQUANT (PID2021-124729NB-I00)
🔸 BACFood4Expo (PID2020-114569RJ-I00)
🔸 ACHED (CNS2022-135887)
Financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación, AEI, FEDER e NextGenerationEU/PRTR.














