Patricia Vázquez Loureiro
Investigadora Contratada Xunta de Galicia
Biografía
Patricia Vázquez Loureiro é investigadora posdoutoral no Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, cun contrato posdoutoral da Xunta de Galicia (IN606C-2026) que dá continuidade ao anterior (ED481B-2023). Graduouse en Química no 2015, realizou o mestrado en Innovación en Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias no 2017 e o doutoramento pola Universidade de Santiago de Compostela no 2023, financiado cunha bolsa predoutoral do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (ED481A-2018-310-0) e recibindo o premio extraordinario de doutoramento. Durante o doutoramento realizou tres estadías de investigación, na Universidade do Porto (Portugal), no National Food Institute (Copenhague, Dinamarca) e no Laboratoire d’étude des résidus et contaminants dans les aliments (LABERCA) (Nantes, Francia), onde traballou con materiais en contacto con alimentos desde o punto de vista da seguridade alimentaria. Co seu anterior contrato posdoutoral da Xunta de Galicia realizou unha estadía posdoutoral en LABERCA durante dous anos (2024 e 2025). Os seus intereses na investigación céntranse na identificación de substancias descoñecidas que poden estar presentes nos envases alimentarios, como plásticos, recubrimentos poliméricos para latas metálicas, papel e cartón e taboleiros de fibra de densidade media (MDF), e máis recentemente en materiais de base biolóxica e biodegradables para contacto alimentario. Tamén desenvolve metodoloxías analíticas para identificar estes compostos mediante cromatografía de gases e de líquidos acoplada a distintos detectores, como espectrometría de masas de baixa e alta resolución, ultravioleta e fluorescencia. Participou en 10 proxectos de investigación. É autora e coautora de 17 artigos científicos e 2 capítulos de libro, así como de máis de 50 comunicacións en congresos nacionais e internacionais.



