Letricia Barbosa Pereira
Profesora Contratada Doctora
Biografía
Letricia Barbosa Pereira é Profesora Contratada Doutora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e, desde 2026, coordinadora do grupo FoodChemPack. É licenciada en Ciencias Farmacéuticas pola Universidade do Porto e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras o seu paso pola Universidade de Vigo (2012–2015) e a Universidade do Minho (Portugal, 2015), incorporouse á Universidade de Turín (Italia) cunha bolsa Marie Curie (2015–2017) e un contrato MIUR (2017–2019. En 2019 regresou á Universidade de Santiago de Compostela cun contrato Juan de la Cierva Incorporación e en 2020 realizou unha estadía no grupo Nano4Food do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL) (Braga, Portugal) cunha bolsa IACOBUS; despois obtivo un contrato JIN seguido dun contrato Ramón y Cajal (2021) e unha axuda de Consolidación Investigadora (2022). Os seus intereses de investigación céntranse na valorización de subprodutos agroindustriais para obter ingredientes e aditivos para envases activos e alimentos funcionais, e na bioaccesibilidade oral in vitro de substancias químicas procedentes de envases alimentarios para avaliar a exposición a través da dieta. Participou en 30 proxectos e contratos de investigación; actualmente participa no proxecto nacional BioACCEx, que dirixe, e no proxecto europeo FAroGels. Tamén participou en 2 accións COST (SOURDOMICS, AEROGELS) e forma parte das redes Circular Bioeconomy Chile–Europe e PLASpain. É coinventora de 3 patentes. Dirixiu ou codirixiu 8 teses doutorais (6 en curso) e máis de 40 traballos de investigación avanzada (TFG, TFM). É autora e coautora de 70 artigos en revistas revisadas por pares, 1 libro e 5 capítulos de libro, así como de máis de 100 comunicacións en congresos internacionais. Presidiu o congreso internacional SLIM 2026, celebrado en Santiago de Compostela. É avaliadora de axencias públicas de investigación nacionales e europeas, como a AEI, REPRISE (Italia), FCT (Portugal) e COST (EU).



