Contrato de doutoramento (PhD) – DC12: Aeroxeles de base biolóxica para envases alimentarios activos e seguros (proxecto europeo FAroGels)

Información da convocatoria
Campo Información
Estado Aberta
Prazo de solicitude 09/12/2026 23:59
Proxecto

FAroGels – Food-Grade Aerogels for Sustainable Food Systems, rede doutoral Marie Skłodowska-Curie (MSCA Doctoral Network) financiada pola Unión Europea, Horizon Europe

Tema da tese

Aeroxeles de polisacáridos con taninos de subprodutos agroindustriais, con actividade antioxidante e antimicrobiana, para envases en contacto con alimentos, e avaliación da súa seguridade química.

Lugar

FoodChemPack, Facultade de Farmacia, Universidade de Santiago de Compostela (España)

Supervisión

Dra. Letricia Barbosa Pereira, Prof. Carlos A. García González e Dra. Raquel Sendón García (USC); Dr. Philip Jaeger (Eurotechnica GmbH)

Duración 36 meses, contrato a tempo completo
Incorporación Marzo de 2027
Requisitos MSCA

Non ter o título de doutor na data de incorporación. Non ter residido nin desenvolvido a actividade principal en España máis de 12 meses nos 36 meses anteriores á incorporación.

Perfil

Máster en ciencias farmacéuticas, química, ciencia de materiais, ciencia e tecnoloxía dos alimentos ou afíns; experiencia en química analítica; inglés fluído.

Como solicitala

Correo a letricia.barbosa.pereira@usc.es e formulario de FAroGels

Contacto

Dra. Letricia Barbosa Pereira – letricia.barbosa.pereira@usc.es · Consultas xerais sobre sobre FAroGels: farogels@metu.edu.tr

Máis información

Web de FAroGels · Ficha do proxecto

Se non hai ofertas abertas que encaixen co teu perfil, podes enviarnos o teu CV e unha breve carta de motivación a través do formulario de contacto. Avisarémoste cando xurda unha oportunidade.