17th World Congress on Polyphenols Applications, (Milan, Italia)

A semana pasada, integrantes do grupo FoodChemPack asistiron ao 17th World Congress on Polyphenols Applications, que tivo lugar en Milán, Italia.
👩🏽🔬 A doutoranda Sandra Mariño presentou un póster titulado “Development & Characterization of Phenolic-rich Microcapsules for Food Applications”, no que amosou os resultados do seu traballo desenvolvido dentro do proxecto ValICET.
👩🏽🔬 A profesora Letricia Barbosa contribuíu co seu póster titulado “An Insight of Hop-Production in Brazil: Cultivar and Geographical Origin Effects on the Chemical Composition of Hops”, no que presentou os resultados da investigación realizada no marco dunha colaboración co Departamento de Agronomía do Instituto Federal de Ciencia e Tecnoloxía da Educación de Paraná (Brasil).
