11th Shelf Life International Meeting SLIM (Reggio Emilia, Italy)
A semana pasada, integrantes do grupo FoodChemPack asistiron ao 11th Shelf Life International Meeting (SLIM) que tivo lugar en Reggio Emilia, Italia.
??? A doutoranda Lara Pazos presentou o seu póster titulado “In vitro stability and oral bioaccessibility of bisphenol A diglycidyl ether from epoxy-based coatings used in food cans”, no que destacou os resultados das interaccións con aminoácidos presentes no atún dentro do proxecto BACFood4Expo.
??? A doutoranda Sandra Mariño participou cunha comunicación oral titulada “From orange by-products to edible and active films using electrohydrodynamic atomization”, onde presentou os resultados do seu traballo desenvolvido no International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) de Braga (Portugal) dentro do proxecto ValICET.
??? A investigadora posdoutoral Antía Lestido presentou un póster titulado “Tentative identification of non-volatile compounds in a biodegradable bio-based packaging material using a non-targeted method”, no que se analizaron pellets con base de polihidroxibutirato (PHB). Ademais, presentou outro póster titulado “Investigating the chemical safety of bamboo-based food contact articles: a case study”, no que se analizaba unha mostra comercial de bambú na que se identificou melamina.
??? A profesora Letricia Barbosa contribuíu co seu póster titulado “Nanoencapsulation of polyphenols yielded from lime by-products for functional food applications”, no que se empregou a técnica innovadora de nanospray-drying dentro do proxecto ValICET.
??? A profesora Raquel Sendón contribuíu cos pósteres “Analysis of volatile compounds in bamboo-based food contact articles using purge and trap gas chromatography-mass spectrometry” e “Non-targeted GC-MS method to identify semi-volatile compounds in bamboo-based biomaterials”, ambos pertencentes ao proxecto nacional MIGRABIOQUANT, en colaboración coa Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN).
??? A profesora Ana Rodríguez participou cunha Keynote Lecture titulada “Chemical safety and risk assessment on bioplastics for food contact” na sesión correspondente a Trends in packaging materials development, onde fixo unha revisión bibliográfica sobre materiais de base biolóxica e/ou biodegradables.
Ademais, dentro das actividades organizadas polo congreso, tiveron a oportunidade de visitar as compañías Italpizza, Villani Salumi, Barilla e Acetaia Giusti, así como asistir a unha experiencia Parmigiano Reggiano





