Antía Lestido Cardama
Profesora Ayudante Doctora
Biografía
Antía Lestido Cardama é Profesora Axudante Doutora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). É graduada en Farmacia (2015), doutora en Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía (2021), con mención internacional, cum laude e Premio Extraordinario de Doutoramento, e máster en Profesorado de Educación Secundaria (2022), todo iso pola USC.
Durante o doutoramento, cun contrato predoutoral da Xunta de Galicia, realizou unha estadía no Instituto Fraunhofer (Alemaña). En 2021 realizou unha estadía no Laboratorio Nacional de Referencia de Materiais en Contacto con Alimentos (AESAN, Madrid) e unha estadía posdoutoral na Universidade do Porto (Portugal) cunha bolsa IACOBUS. Posteriormente, cun contrato Margarita Salas da USC, realizou unha estadía posdoutoral de 2 anos no grupo Nano4Food do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL, Portugal). Ata a súa incorporación como profesora, foi investigadora posdoutoral no grupo CTS-358 Toxicoloxía da Universidade de Sevilla, cun contrato da Junta de Andalucía.
Os seus intereses de investigación céntranse na caracterización química e na avaliación da seguridade de compostos de interese toxicolóxico procedentes dos materiais en contacto cos alimentos. Participou en varios proxectos de investigación nacionais e internacionais e en contratos con empresas relacionados coa seguridade alimentaria. É autora e coautora de máis de 30 artigos en revistas internacionais, 1 libro e 1 capítulo de libro, así como de varias comunicacións en congresos internacionais, unha delas premiada como mellor póster.

