Minixornada en valorización de residuos alimentarios

Con motivo da visita do profesor Joao Lima a Facultade de Farmacia no marco do programa Erasmus+, o grupo FoodChemPack está organizando unha minixornada aberta a comunidade na que se abordará a valorización de residuos alimentarios en diferentes ámbitos.

A xornada celebrarase o próximo 24 de abril no salón de grados da Facultade de Farmacia.

Ademais, o 25 de abril pola mañá farase un workshop titulado “Metodoloxías para o diseño e formulación de alimentos saudables e sostibles en pequenas e medianas empresas: caso en Sudamérica”, que será impartido polo estudiante de doutorando do grupo de investigación. Este workshop terá lugar na aula seminario de Bromatoloxía e conta cun aforo limitado.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do seguinte formulario:
🔗 https://forms.office.com/e/iiT7pKc7KZ?origin=lprLink

https://forms.office.com/e/E79Kzx7jk7?origin=lprLink
https://forms.office.com/e/E79Kzx7jk7?origin=lprLink